Galicia e Melilla, máis preto grazas a unha ruta de Air Nostrum desde Lavacolla

A aerolínea franquiciada de Iberia comezará a operar a nova ruta entre a cidade autónoma e a capital galega este verán durante seis semanas. 


|

Air nostrum
Foto: EP

 

Air Nostrum, a aerolínea franquiciada de Iberia para voos rexionais, estreará este verán unha ruta inédita que unirá Melilla e Santiago de Compostela. Durante seis semanas de operativa os galegos terán a posibilidade de ir os sábados a Melilla na que é a novena ruta que a compañía valenciana programa no verán de 2024 desde a cidade autónoma.

A nova ruta comezará a súa operativa o próximo 27 de xullo e terminará o 31 de agosto co que serán seis semanas consecutivas de conexións entre Melilla e Galicia. O voo sairá de Melilla os sábados ás 14.25 horas. O regreso será ás 17.50 horas desde Santiago-Rosalía de Castro.

En total, Air Nostrum vai pór á venda máis de 800 prazas nesta nova conexión da compañía. A intención é a de ampliar as opcións de transporte dos melillenses nas súas conexións aéreas coa península, pero tamén abrir as portas de Melilla ao mercado vacacional galego. A ruta con Santiago é a novena que terá esta tempada Melilla co resto de España.

Ás permanentes conexións de Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Selecta e Almería únense as estivais de Mallorca e Gran Canaria. Tras as conexións con Andalucía, Canarias e Barcelona, Galicia é o seguinte mercado nacional en importancia con Melilla.

Segundo detalla a compañía, o voo a Santiago de Compostela "tenta dar resposta a unha demanda que se detectou desde Air Nostrum e foi aumentando ano tras ano". O 40 por cento dos pasaxeiros que se moven entre Melilla e Galicia son residentes galegos e o 60% restante son de Melilla.

Air Nostrum puxo hoxe á venda os billetes desta nova ruta que xa se poden adquirir en www.iberia.com e en axencias de viaxes. A compañía lanzou unha campaña de prezos especiais: para os residentes en Melilla as tarifas empezan nos 27 euros por traxecto polo que a ida e volta a Galicia pódese comprar por 54 euros. Para o non residentes o prezo de promoción comeza nos 85 euros.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE