O Deportivo da Coruña non vai sumarse ao pacto do fondo CVC e LaLiga a pesar da oferta de 30 millóns se ascende
Escotet, que é o verdadeiro dono do club aínda que non leva o día a día, deixa entrever que non está polo labor de ceder os dereitos de televisión pese ao adianto de diñeiro que promete Tebas.
A aficción do Dépor antes dun partido nun fonod de Riazor nunha foto de arquivo
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, descartou que o Deportivo acepte a oferta de adherirse, en caso de ascenso a Segunda, ao fondo CVC que promove o presidente de LaLiga, Javier Tebas. "Non hai ningunha pretensión de utilizar esa oferta que fixo a liga", asegura.
30 MILLÓNS EN XOGO?
A preguntas da prensa sobre os 30 millóns que Tebas dixo que recibirá o Deportivo con base no acordo do fondo CVC, se se produce o ascenso ao fútbol profesional, o presidente de Abanca --máximo accionista do Dépor-- refugou esa opción, aínda que indicou que "igual é máis adecuado preguntarllo aos xestores do Deportivo".
Lembra que o Dépor "ten unha xerencia profesional" que se "dedicada a lograr que o equipo volva ao fútbol profesional e logre, non soamente o ascenso a Segunda, senón que oxalá nun tempo razoable o ascenso a Primeira".
Neste sentido, sinala que Abanca seguiu co Dépor unha "liña estratéxica de máximo rigor orzamentario e profesionalización da empresa para tratar de subir ao fútbol profesional no menor tempo posible".
Escribe o teu comentario