Falece Darío Xohán Cabana, escritor, membro da Real Academia Galega e activista político, aos 69 anos

O escritor e académico lucense Darío Xohán Cabana faleceu este martes no seu domicilio tras unha longa enfermidade. Así o confirmaron fontes do Concello de Lugo, lugar onde traballou como funcionario de Cultura ata a súa xubilación.

|

O Concello de Lugo, onde traballou como funcionario, confirmou a triste noticia do seu deceso.


Natural de Cospeito e membro da RAG desde 2006, o escritor cultivou multitude de xéneros, como a poesía, o ensaio e a tradución.



O escritor e académico Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana | Foto: EP


O escritor e académico lucense Darío Xohán Cabana faleceu este martes no seu domicilio tras unha longa enfermidade. Así o confirmaron fontes do Concello de Lugo, lugar onde traballou como funcionario de Cultura ata a súa xubilación.

O autor de 'Galván en Saor' contaba con 69 anos de idade e era natural da parroquia de Roás no Concello de Cospeito, aínda que actualmente residía na parroquia de Roméan na cidade de Lugo. 

O escritor cultivou multitude de xéneros, como a poesía, o ensaio e a tradución, ingresou na Real Academia Galega en abril de 2006, onde ocupando a vacante de Manuel María.

Tamén foi un activista político vinculado ao nacionalismo galego, en Esquerda Nacionalista, a Unión do Povo Galego ou a FPG.

Xohán Cabana xubilouse como funcionario, como responsable das comunicacións na área de Cultura, despois de ser o encargado da xestión do auditorio municipal Gustavo Freire.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE