A proposta 'GAIA101' é o proxecto gañador para o deseño do centro de investigación na Cidade das TIC

A proposta GAIA0101, presentada por Guadalupe Piñera, Jesús Irisarri, Enrique Blanco, Patricia Sabín e Joaquín Martín, resultou gañadora do concurso de ideas convocado pola Universidade da Coruña (UDC) para o deseño do novo edificio Centro de Investigación TIC Intelixencia Artificial (CITIC IA) na Cidade das TIC, que se situará nas instalacións da antiga fábrica de armas.

|

O edificio que se situará na Cidade das TIC será un centro de I+D+i, denominado CITIC IA.


O primeiro premio recibirá unha gratificación económica de 20.000 euros; 10.000 euros para o segundo e 7.000 euros para o terceiro.


Cidade dás tic

Proposta GAIA101 | Foto: UDC


A proposta GAIA0101, presentada por Guadalupe Piñera, Jesús Irisarri, Enrique Blanco, Patricia Sabín e Joaquín Martín, resultou gañadora do concurso de ideas convocado pola Universidade da Coruña (UDC) para o deseño do novo edificio Centro de Investigación TIC Intelixencia Artificial

(CITIC IA) na Cidade das TIC, que se situará nas instalacións da antiga fábrica de armas.


Segundo informa o reitorado, en segundo lugar, o xurado elixiu o deseño TICA0021, presentado por Santiago Barge en colaboración con María Belén Bouza e Guillermo Lozano. En terceiro lugar, escolleuse a idea FITO2022, de Alejandro Rodríguez coa colaboración de María Mera e Martín Álvarez.


Finalmente, o xurado, que valorou a excelente calidade de todos os traballos presentados, decidiu entregar un accésit á proposta CTIC2030, de Gustavo Figueira coa colaboración de Diego Díaz e Javier Pombar. O primeiro premio recibirá unha gratificación económica de 20.000 euros; 10.000 euros para o segundo e 7.000 euros para o terceiro.

O edificio que se situará na Cidade das TIC será un centro de I+D+i, denominado CITIC IA. Ocupará unha superficie inicial de 6.500 metros cadrados construídos, pero o edificio debe incluír a posibilidade de crecemento ao dobre da súa superficie.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE