Sumar a alguén a un grupo de Whatsapp sen o seu permiso provoca unha multa de 4.000 euros
A Axencia de Protección de Datos sanciona a un ximnasio por incorporar a un antiga usuario, que levaba dez anos de baixa, pero da que aínda conservaba os datos.
A Axencia de Protección de Datos sanciona a un ximnasio por incorporar a un antiga usuario, que levaba dez anos de baixa, pero da que aínda conservaba os datos.
WhatsApp foto microsiervos publicada baixo licencia CC BY 20
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) impuxo unha multa de 4.000 euros ao Club Deportivo Sansueña, de Córdoba, por incluír a unha persoa dentro dun grupo de Whatsapp sen o seu permiso.
A usuaria afectada foi incluída nun grupo de Whatsapp do ximnasio andaluz cando facía máis de 10 anos que non tiñan relación. Ao entender que estaban a violar a lei de protección de datos, foi á policía para interpoñer unha denuncia, e gañouna.
A AEPD admitiu a demanda en maio e esta semana decidiu multar á identidade con catro sanciones de 1.000 euros cada unha, por violar catro artigos da lei de protección de datos: expoñer un teléfono móbil nun grupo sen o seu consentimento; conservar os datos máis de 10 anos cando non era clienta; vulnerar a confidencialidade e a seguridade dos datos persoais do denunciante; e por non aplicar medidas adecuadas para a súa protección.
Esta resolución baséase no Regulamento Xeral de Protección de Datos e o Regulamento Europeo. As infraccións que cometeu o club deportivo son graves ou moi graves, e poderían chegar aos 20 millóns de euros de multa.
Escribe o teu comentario