O 'Cuponazo' reparte outra choiva de premios en Galicia: 400.000 euros en Vigo e Ourense
O sorteo do 'Cuponazo' da ONCE do pasado venres 24 deixou premios por importe de 400.000 euros en Galicia, deles 200.000 euros en Ameixeira-Vigo e outros 200.000 euros no Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense.
Ameixeira-Vigo e o o Polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense, foron os lugares nos que se repartiu a sorte.
Ademais, en Cabanas, A Coruña, esta fin de semana tamén caeu un premio no sorteo do domingo, con 40.000 euros.
Polígono de San Cibrao das Viñas | Foto: @AEPI_San_Cibrao
Así o informou a ONCE nun comunicado, no que detalla, ademais, que o sorteo da Fin de semana do domingo 26 repartiu 40.000 euros en Cabanas (A Coruña).
O axente vendedor da ONCE Alejandro García Paramos, situado no roteiro na parroquia viguesa de Ameixeira, vendeu a clientes habituais oito cupóns que resultaron premiados con 25.000 euros cada un no sorteo do 'Cuponazo' do venres pasado.
Mentres, en Ourense, o axente vendedor José Miguel Pombar Vigara, que ten a súa zona de venda no Polígono de San Cibrao das Viñas, repartiu outros 200.000 euros entre os seus clientes, posuidores de oito cupóns agraciados co premio ás cinco cifras no sorteo do venres.
Por outra banda, o axente vendedor Ramón Lugilde Ares repartiu 40.000 euros en premios en Cabanas, onde vendeu dous cupóns premiados con 20.000 euros cada un no sorteo de Fin de semana do domingo 26.
Escribe o teu comentario