Abertas as axudas para gandeiros obrigados a sacrificar a reses enfermas ou que conviven con animais enfermos
A Xunta de Galicia orzou para esta convocatoria 800.000 euros para as axudas.
O DOG recalca que para poder acceder a estas axudas é imprescindible que a explotación estea correctamente rexistrada no rexistro xeral de explotacións gandeiras e cumprir a normativa en vigor sobre sanidade e identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde da Consellería do Medio Rural que regula neste 2021 a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio ou morte de animais, pola destrución de produtos, en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades.
En concreto, o orzamento da convocatoria para este exercicio ascende aos 800.000 euros e poderán beneficiarse destas axudas os titulares con gando vacún, ovino ou caprino que deba sacrificarse por padecer ou convivir con reses afectadas pola tuberculose, brucelose, leucosis ou lingua azul.
Tamén aqueles con animais sacrificados, mortos ou destruídos por encefalopatías esponxiformes transmisibles, os que conten con aves sacrificadas dentro dos programas nacionais de control de salmonela, por un foco de influencia aviaria ou por enfermidade de Newcastle e os que teñan porcos sacrificados ou mortos por peste porcina.
A maiores, poderá indemnizarse a morte ou sacrificio de animais como consecuencia dunha resolución ou de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente, así como por tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico.
Para ter dereito a estas axudas é imprescindible que a explotación estea correctamente rexistrada no rexistro xeral de explotacións gandeiras e cumprir a normativa en vigor sobre sanidade e identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentaciónanimal. Tamén será de obrigado cumprimento estar ao día dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais e que sexa efectivo o sacrificio obrigatorio ordenado pola Consellería do Medio Rural.
O prazo de presentación dás solicitudes prolongarase desde este xoves ata o 30 de novembro. Os órganos xestores tramitarán, ademais das indemnizacións correspondentes a 2021, todas as peticións pendentes do exercicio anterior.
Escribe o teu comentario