O Celta aproxímase a prazas europeas tras a difícil vitoria sobre o Huesca (2-1)

Xamais o Celta lograra tales números nun mes de decembro.A alegría volveu ao vestiario celtiña, como proba a imaxe difundida polo club tras o disputado triunfo sobre un Huesca que apertou ata o final, aproveitando que o Celta foi incapaz de lograr o 3-0 a pesar de ter varias ocasións claras.Así as cousas, os galegos, que pasaron varias xornadas en postos de descenso, xa están oitavos, a un punto do Selecta, último dos clasificados para Europa, e a dous do FC Barcelona, aínda que estes clubs xogaron un partido menos. Eduardo Coudet, un dos r protagonistas da remontada celtiña, cre que a clave está en que o equipo é moi solidario en defensa.


|

Iago Aspas volveu ser determinante na sufrida vitoria. O de Moaña asistiu a Nolito para o primeiro gol e completou o segundo tras unha clásica cabalgada e burlar ao porteiro.


Os do Chacho Coudet renaceron, completando un mes de decembro magnífico. Son 5 vitorias e un empate, 16 goles a favor e só dous en contra. Xamais o Celta lograra tales números nun mes de decembro.


A alegría volveu ao vestiario celtiña, como proba a imaxe difundida polo club tras o disputado triunfo sobre un Huesca que apertou ata o final, aproveitando que o Celta foi incapaz de lograr o 3-0 a pesar de ter varias ocasións claras.


Eqg WXLXcBEDhhu



Así as cousas, os galegos, que pasaron varias xornadas en postos de descenso, xa están oitavos, a un punto do Selecta, último dos clasificados para Europa, e a dous do FC Barcelona, aínda que estes clubs xogaron un partido menos.


 Eduardo Coudet, un dos r protagonistas da remontada celtiña, cre que a clave está en que o equipo é moi solidario en defensa. Os números de danlle a razón,  aínda que Coudet recoñece que onte sufriron bastante "por méritos do rival" e por carecer de eficacia na recta final.

 




A próxima cita do Celta é contra o Real Madrid en Valdebebas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE