Explosión nun barco que leva ardendo (vídeos) toda a mañá no peirao de Bouzas do Porto de Vigo
O incendio do Baffin Bay empezou ás 8:45 e son case as 14 horas e segue ardendo. A prensa local fala dunha "forte explosión" ao longo da mañá.
Os bombeiros de Vigo, en coordinación con Policía Local, Nacional e Portuaria, traballan na extinción dun incendio declarado nun buque conxelador que se atopa amarrado no Porto de Bouzas, na cidade olívica, e que provocou unha importante fumareda, aínda que sen que se rexistraron danos persoais.
A alerta activouse sobre as 8,45 horas da mañá deste xoves, cando os servizos de emerxencia recibiron o aviso de que estaba a arder un barco na terminal de Bouzas.
Trátase dun buque conxelador con bandeira británica, o 'Baffin Bay', que pertence á armadora viguesa Grupo Copemar, e no que se estaban realizando labores de mantemento. De feito, os servizos de emerxencia sospeitan que o lume puido iniciarse na adega do barco, onde se estaban facendo traballos de soldadura.
Os tres tripulantes que estaban no conxelador atópanse ben, e non habido que lamentar danos persoais, aínda que o incendio provocou unha densa columna de fume, e os bombeiros seguen na zona, apoiados por remolcadores.
Segundo informou a Policía Local, os bombeiros tiveron que traballar inicialmente arrefriando o casco da nave desde o exterior, ante a imposibilidade de acceder ao barco pola gran cantidade de fume xerado.
— JAVIER LUDEÑA (@MADRID1960) December 3, 2020
Escribe o teu comentario