Brutal accidente de tráfico na rotonda de entrada a Illa de Arousa deixa un morto e tres feridos

Un home faleceu e outros tres resultaron feridos nun accidente sucedido sobre medianoite no municipio da Illa de Arousa (Pontevedra) ao saírse un vehículo da vía.

|

O coche quedou case esnaquizado por completo. Un dos feridos está leve, pois só foi traslado a un centro de saúde local; pero outros dous están no Hospital do Salnés, incluído un mozo de 18 anos.


Segundo informou o 112, tivo coñecemento dun accidente de tráfico na Illa de Arousa que finalizou cunha persoa falecida e outras tres feridas. Así o confirmou o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se desprazou ao lugar do sinistro tras recibir o servizo de emerxencias a chamada de alerta dunha persoa particular.


Accidente de tru00e1fico na Illa de Arousa nunha imaxe do Twitter de Protecciu00f3n Civil de Cambados

Accidente de tráfico na Illa de Arousa nunha imaxe do Twitter de Protección Civil de Cambados



SINISTRO NA ROTONDA DE ACCESO

A persoa que alertou indicou que o accidente, unha saída de vía dun vehículo, produciuse pasada a medianoite deste mércores na rotonda de acceso á vila, na estrada PO-307.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios e dos axentes da Garda Civil de Tráfico que, pouco tempo despois, confirmaron o falecemento dun ocupante, mentres que os outros tres resultaron feridos de diversa consideración.

Este operativo contou coa colaboración dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados que, unha vez no lugar dos feitos, advertiron da gravidade do suceso.


FERIDOS EVACUADOS Ao HOSPITAL DO SALNÉS

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, así como persoal sanitario do PAC de Cambados para atender a catro pacientes.







En concreto, o persoal do 061 confirmou o falecemento no punto dun home de 54 anos, J.D.M.; mentres que outros dous homes foron evacuados ao Hospital do Salnés: D.V.P., de 40 anos e A.D.J., de 18. Pola súa banda, foi levado ao PAC de Cambadados R.V.P., de 40 anos, confirmaron fontes sanitarias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE