Aumentan a 10 os casos positivos vinculados ao cámping de Muros no que se detectou un brote de COVID-19

O brote de COVID-19 relacionado cun cámping da localidade coruñesa de Muros ascende a dez casos, tras obter resultado positivo outras dúas persoas vinculadas con respecto a este martes, informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

|

O brote de COVID-19 relacionado cun cámping da localidade coruñesa de Muros ascende a dez casos, tras obter resultado positivo outras dúas persoas vinculadas con respecto a este martes, informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza.


Probas PCR


As mesmas fontes sanitarias explicaron que este brote parte dun caso índice que se fixo a PCR na Coruña, ao que se sumou outra na mesma área.

O sábado pasado coñecéronse os positivos de dúas persoas que se aloxaron nos últimos días nas instalacións. O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios das mesmas, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC. As probas arroxaron tres positivos, aos que se sumaron xa outros sete.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE