Os médicos de familia advirten á Xunta que a corentena de cinco díasé insuficiente
Nas próximas horas, Feijóo debería, como indicou, anunciar o desconfinamiento da maioría da Mariña, a pesar de que os casos seguen subindo, onte houbo polo menos 21 positivos na zona e 42 na provincia.Hai que lembrar que Fernando Simón indicou onte que a maioría dos casos que se están detectando son asintomáticos.
O confinamento da Mariña termina hoxe, cinco días despois do seu inicio, a pesar de que o período de incubación do coronavirus é de ata 14 días.
O presidente da Xunta adiantou onte que prevé levantalo en case toda a comarca, salvo Burela e quizais algún outro municipio.
A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) tacha de "sospeitosa" a duración da corentena. É máis, indica que "parece obedecer a cálculos non sanitarios".
O portavoz da Asociación Galega de Medicina Familias e Comunitaria (AGAMFEC), Jesús Sueiro | Foto: @jsuejus
Agamafec, nun comunicado, asegura que a corentena é "lóxica" para limitar a expansión do COVID-19. O que non lle parece tan lóxico é que acabe só 5 días despois.
OS MÉDICOS NON APLICARÁN CORENTENAS DE CINCO DÍAS
O colectivo, formado por máis de 1.000 médicos de familia, tenta lanzar en todo caso unha mensaxe de tranquilidade á poboación. "Os médicos de familia da zona van seguir aplicando con toda a profesionalidade os protocolos clínicos dos illamentos aos contaxios e aos seus contactos, sen ter en conta outras consideracións ou criterios que se aparten da evidencia científica". Imos, que seguirán aplicando corentenas de máis de 5 días.
A Asociación asegura que os médicos de familia da Mariña están "sorprendidos" pola duración da corentena. Os galenos reclaman aos responsables políticos "rigor e profesionalidade".
O pronunciamento de Agamfec chega nun instante moi delicado sanitaria e politicamente. Nas próximas horas, Feijóo debería, como indicou, anunciar o desconfinamiento da maioría da Mariña, a pesar de que os casos seguen subindo, onte houbo polo menos 21 positivos na zona e 42 na provincia.
Hai que lembrar que Fernando Simón indicou onte que a maioría dos casos que se están detectando son asintomáticos. A pesar de non presentar síntomas, un contaxiado pode contaxiar o virus.
Escribe o teu comentario