Traballadores de Alcoa cortan a A-8 cunha barricada en chamas.
Este domingo miles de manifestantes protagonizaron o corte da Autovía do Cantábrico A-8, que une Lugo con Irún, á altura de Ribadeo (Lugo) cunha gran barricada de rodas que prenderon en símbolo de protesta polo peche da factoría de Alcoa en San Cibrao, na Mariña lucense.

Segundo confirmou a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), sobre as 11,45 horas desta mañá produciuse un corte da autovía que provocou a paralización do tráfico na zona pola entrada na autoestrada de miles de persoas en manifestación.
Así, os asistentes á protesta desprazáronse ata a A-8, ao seu paso por Ribadeo, para denunciar a intención da empresa produtora de aluminio de despedir a máis de medio milleiro de traballadores empregados na fábrica emprazada no concello lugués de Cervo.
Tras máis dunha hora de manifestación pola autoestrada, os miles de veciños e afectados pola decisión da empresa volveron á estación de buses de Ribadeo, desde onde saíra a manifestación.
A esta agora o servizo de mantemento da estrada está a limpar os restos de rodas e a continuación procederase a abrir de novo a circulación do tráfico.
Escribe o teu comentario