Lugo e Pontevedra están xa por baixo dos 100 casos activos de coronavirus

Os datos deste sábado do Servizo Galego de Saúde indican un descenso substancial no número de casos activos en toda a comunidade, sobre todo en Santiago e A Coruña. Unha mellora embazada por dúbidas sobre a fiabilidade das cifras.


|

Os datos deste sábado do Servizo Galego de Saúde indican un descenso substancial no número de casos activos en toda a comunidade, sobre todo en Santiago e A Coruña. Unha mellora embazada por dúbidas sobre a fiabilidade das cifras.


Atendendo ás cifras facilitadas pola Xunta de Galicia, o total de casos activos hoxe no conxunto das áreas galegas é de 1.510, o que supón un descenso de 498 casos en só 24 horas. 



A gran caída de casos activos en Santiago e A Coruña parece que se debe a un novo  cambio na forma de contar. "Galicia realizou unha revisión dos seus casos e actualizou a información. Continuarase revisando a serie", advirte o Ministerio hoxe no seu informe diario.


Galiciapress tentou obter máis datos respecto diso pero polo momento o SERGAS non facilitou máis información. 


Fuentes da Xunta citadas por Europapress dan unha explicación a estes bruscos descensos en casos activos: para que un traballador sanitario saíse da lista de casos activos por coronavirus necesita, en primeiro lugar, unha PCR negativa e, en segundo lugar, anular a baixa por incapacidade temporal. O problema sería que en moitos casos non se xerou esta baixa, polo que tampouco podían volver darse de alta para a reincorporación e seguían computando como casos activos. 


Esta explicación, por tanto, serviría para xustificar os saltos nas cifras da Xunta de casos activos en Santiago e  A Coruña .


Agora ben, esta versión da Xunta non xustifica, nin siquera aborda, as incongruencias das cifras a nivel galego que remitiu ao Ministerio: as desaparicións de centos de casos de positivos e hospitalizados, ademais de ducias de pacientes eliminados do cómputo acumulado  de UCIs .


De acordo ao cómputo da Consellería, a maior caída prodúcese nas áreas de Santiago e A Coruña


Na área da capital reducíronse os casos activos en 169 menos, mentres que na herculina ese descenso tradúcese en 163 casos menos. Isto, ademais, significa que a área coruñesa deixa de ser a máis afectada das áreas galegas, pasando a área de Vigo a ser a que conta neste momento con máis casos activos na comunidade.


Con todo, na área olívica tamén se produciu unha caída importante. Con 77 casos menos desde onte, Vigo queda ás portas de rebaixar as súas cifras por baixo do limiar dos 400 casos activos. 


Doutra banda, o descenso rexistrado en Santiago significa tamén que a área compostelá deixa de ser a terceira con máis casos activos. Agora, as cifras da sanidade galega indican que a área de Ourense pasa a ser a terceira con máis casos en seguimento. E todo iso a pesar de que na área auriense decreceron as cifras en 43 casos menos. 


POR BAIXO DOS 100

Este descenso xeneralizado nas áreas tamén levou a Pontevedra e Lugo a rebaixar dunha vez por todas o seu total de casos e deixar atrás as tres cifras. Así as áreas pontevedresa e lucense súmanse á ferrolá, que xa esta semana abandonou o centenar de casos.


En 24 horas, Lugo pasou de 122 casos a 99, mentres que Pontevedra conta con 93 casos, polos 1ou7 de onte. Ferrol, pola súa banda, segue sendo a área menos afectada, con 65 casos positivos activos.





Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este sábado 16 de maio en Galicia ascende a 1.501 dos cales 331 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 277 da de Ourense, 93 da de Pontevedra, 401 da área de Vigo, 244 da de Santiago e 65 da de Ferrol.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE