O alcalde de Ourense Jácome presenta 50 máscaras "pret-a-porter"

SSegún Democracia Ourensá, partido no Goberno, a Xustiza acaba de desestimar a demanda de Comisións Obreiras que buscaba forzar á Administración para proporcionar equipos de protección ás traballadoras de axuda a domicilio, pois dita obrigación recaería na empresa concesionaria.


|

Gonzálo Pérez Jácome presentou onte "50 máscaras pret-a-porter" que doa ao Concello de Ourense "a prestixiosa modista de disfraces América Soto". O alcalde anuncia que "as repartirá nos próximos días".


Pu00e9rez Ju00e1come coas máscaras que doo Soto nunha imaxe do Facebook de Democracia Ourensá




Ao líder de Democracia Ourensá non lle sentaron nada ben as críticas recibidas en redes sociais. Cando puxeron en cuestión que se fixese unha foto cunha doazón así, o político respondeu con "no meu twitter poñerei o que me sae de, non?".






De acordo a Jácome, as máscaras son "reutilizables" tras lavalas a 70 graos. 


Ourense é un dos concellos que está a ter problemas en fornecer equipos a algúns servizos públicos. 


Segundo Democracia Ourensá, partido no Goberno, a Xustiza acaba de desestimar a demanda de Comisións Obreiras que buscaba forzar á Administración para proporcionar equipos de protección ás traballadoras de axuda a domicilio, pois dita obrigación recaería na empresa concesionaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE