A "tensa" reunión por Alcoa San Cibrao foi "unha tomadura de pelo", segundo os traballadores
Critica a falta de concreción do Goberno sobre o estatuto para as electrointensivas e a ausencia de compromisos da empresa
O Goberno traslada na mesa de Alcoa San Cibrao que o estatuto para electrointensivas estará "en próximas datas"
O goberno non ensina nin un borrador de estatuto electrointensivo nin lles dá unha data concreta para aprobalo. A empresa non se compremete a nada mentres non vexa o estatuto. Así as cousas, os operarios séguense temendo o peor.
SEN DATA EXACTA
Así se expresou tras máis de dúas horas de encontro en Lugo con representantes do Gobienro central, Xunta, empresa e traballadores da planta.Respecto diso, quéixase de que non se puido sacar "o compromiso" do Goberno con "unha data exacta" para a publicación do estatuto para as empresas electrointensivas.
"As posturas están bastante afastadas en canto ao que buscamos. Do estatuto non podemos falar porque está sen publicar e non nolo ensinaron", recriminou.
ALCOA SEGUE GARDANDO As súas BAZAS
Pola súa banda, tampouco se alcanzou "ningún compromiso" por parte da empresa para que non tome medidas ata que estea publicado o estatuto. A compañía "dixo que non se acollía a ningún compromiso deste carácter, que están a esperar polas medidas que van levar a cabo, e que non podían comprometerse a nada"."O PANORAMA PINTA MAL"
Á vista deste encontro, Zan confesou que "o panorama pinta mal". "Non vemos ningún apoio do Goberno para un marco estatutario e, sobre todo, de (o Ministerio) Transición Ecolóxica que nin tan sequera veu", apostila.
O presidente do comité de empresa asegura que están "preocupados" e convida o vicepresidente encargado da Axenda 2030, Pablo Iglesias, a que visite a factoría.
"Hai dous meses solicitámoslle que visitase a planta e aínda non temos contestación. Agora que é vicepresidente e leva esa axenda cremos que é o momento de que veña a Alcoa e que nos diga como chegar a 2030 sen un estatuto electrointensivo e sen industria do aluminio", dixo Zan sobre Pablo Iglesias.
Escribe o teu comentario