​Asemblea para "reprobar" ao alcalde de Touro por non presentar alegacións contra o proxecto mineiro

O grupo Marea Veciñal de Touro anunciou a convocatoria dun pleno extraordinario no consistorio de Touro o vindeiro luns 2 de novembro ás 13:30 horas para buscar explicacións dos motivos que levaron ao goberno municipal, encabezado por Ignacio Codesido, a non presentar informes contra o proxecto de reapertura da mina unha vez xa finalizou o prazo para presentar os mesmos.


|

O grupo Marea Veciñal de Touro anunciou a convocatoria dun pleno extraordinario no consistorio de Touro o vindeiro luns 2 de novembro ás 13:30 horas para buscar explicacións dos motivos que levaron ao goberno municipal, encabezado por Ignacio Codesido, a non presentar informes contra o proxecto de reapertura da mina unha vez xa finalizou o prazo para presentar os mesmos.


Terreos da mina de Touro

Terreos da mina de Touro


Na orde do día da convocatoria extraordinaria do próximo luns figura como primeiro punto do día a "reprobación ao señor alcalde -Ignacio Codesido-  por non presentar informes ao proxecto de reapertura da mina de Touro, unha vez recibiu o Concello oficio do 02/09/2019 coa documentación actualizada polo promotor".


Para Marea Veciñal de Touro, a postura de Codesido de descartar presentar alegacións aos últimos informes sobre o proxecto mineiro presentados por Cobre San Rafael supón deixar aos veciños " nunha situación de indefensión" e darlle así " barra libre á mineira para que decida sobre o futuro de todo a veciñanza".


Ademais, a orde do día indica que, no caso de que procesa, aprobarase un informe complementario ao expediente de tramitación da Avaliación Ambiental do proxecto mineiro e declarar ao municipio como 'Concello agrario'.


"XA ABONDA DE BURLAS"

En liñas similares pronúncianse ADEGA e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa, que despois de revisar os últimos informes de Cobre San Rafael consideran que xa é "suficiente papelada" e que a Xunta non debe esperar máis para darlle as costas ao proxecto de forma definitiva.


As plataformas consideran que a promotora non deu paso para resolver os problemas que lle dispuxo Augas de Galicia e que a empresa supedita as reparacións a unha vez que lle concedan a Declaración de Impacto Ambiental.


"O reiterado recurso de invocar a consecución da autorización ambiental como condición previa para cumprir coas demandas do ente público, ou o feito de negarse a fornecer algúns dos datos  requiridos, apoian a conclusión de Augas de que hai aspectos relevantes 'sobre os que non se achega ningunha novidade'. Mesmo poderíase dicir que a actitude de Cobre San Rafael é non querer cumprir cos requirimentos da administración", denuncian as plataformas, antes de concluír que "xa abonda de burlas" e que está en man da Xunta "poñer fin a este culebrón administrativo". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE