O alcalde de Fene condenado a 8 meses sen carné por conducir cuadriplicando a taxa permitida

O alcalde de Fene (A Coruña), Gumersindo Galego (PP), foi condenado a unha multa de 600 euros e a retirada do permiso de conducir durante oito meses tras ser sorprendido cando conducía triplicando a taxa de alcoholemia permitida.

|

Tras someterse a un xuízo rápido foi condenado a unha multa de 600 euros e oito meses de retirada do permiso.


O alcalde de Fene (A Coruña), Gumersindo Galego (PP), foi condenado a unha multa de 600 euros e a retirada do permiso de conducir durante oito meses tras ser sorprendido cando conducía triplicando a taxa de alcoholemia permitida.


Gumersindo galego

Gumersindo Galego (izq.) estreita a man de Agustín Hernández | Foto: xunta.gal


En concreto, o rexedor foi interceptado nun control na N-651 situado nas inmediacións do centro urbano, sobre as 23,30 horas do pasado 10 de novembro, xornada na que se celebraron as eleccións xerais.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, foi entón cando se lle reclamou ao alcalde que se sometese á proba de alcoholemia, que arroxou un resultado de 0,80 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Por iso, foi proposto para un xuízo rápido.

Dous días máis tarde, o 12 de novembro, celebrouse a vista na que o xuíz condenou Gumersindo Galego cunha multa de 600 euros e a privación do permiso de conducir durante oito meses.

Algunhas fontes consultadas por Europa Press trasladaron que esta situación colleu por sorpresa ao rexedor, xa que xunto a el viaxaba de copiloto a súa esposa, e que decidiu poñerse ao volante ao estimar que a cantidade de alcol que consumira era mínima.

Galego viaxaba facía o seu domicilio tras permanecer no local do Partido Popular de Fene, logo da xornada electoral, e tras reunirse con afiliados e simpatizantes que estivera durante todo o día nos distintos colexios electorais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE