Alerta vermella na costa e neve a partir 700 metros nos próximos días

A Axencias Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alertou da chegada dunha masa de aire frío que supoñerá, a partir deste xoves, un esborralle das temperaturas e nevadas na metade norte do país a partir dos 700 metros. Esta situación manterase ata a fin de semana.

|

Tanto a AEMET como Meteogalicia prevén moi mal tempo nos próximos días, especialmente o xoves, cando Meteogalicia declarou alerta vermella na costa da Coruña e Lugo.


Ademais do temporal costeiro, con ondas de 7-8 metros de altura, haberá alertas amarelas na práctica totalidade das comarcas de Galicia, tanto por choiva (por precipitacións acumuladas durante 12 horas), neve (a partir do xoves nas montañas orientais das provincias de Lugo e Ourense) e vento nas provincias atlánticas.



Alertas da AEMET previstas para o xoves en Galicia



A Axencias Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alertou da chegada dunha masa de aire frío que supoñerá, a partir deste xoves, oun esborralle das temperaturas e nevadas na metade norte do país a partir dos 700 metros. Esta situación manterase ata a fin de semana.

Tal e como explicou a AEMET, esta masa de aire polar chega desde latitudes altas, atravesando o Atlántico, ata chegar a España. O xoves, as súas consecuencias rexistraranse na metade norte da península, mentres que xa o venres situarase encima de todo o territorio español.


Alertas de Meteogalicia previstas para o xoves en Galicia

Alertas de Meteogalicia previstas para o xoves



Así, as próximas xornadas o tempo estará marcado por "a choiva, a neve, o vento e as baixas temperaturas", segundo indica a axencia, que, o xoves, prevé nevadas na metade norte a partir dos 700 metros, mentres que o venres rexistrarase este fenómeno en "puntos máis baixos".


Así, a neve afectará ao Pirineo Occidental, aos sistemas Central e Ibérico e aos sistemas montañosos do sur. Con todo, a AEMET advirte de que a cornixa cantábrica será a máis afectada. Segundo as súas previsións, nesta zona chegaranse a acumular entre 50 e 60 centímetros de neve en 48 horas.

Do mesmo xeito, advirten de que o vento do oeste e noroeste será un elemento meteorolóxico relevante, sobre todo o xoves cando se espera que os refachos superen os 80 quilómetros por hora en amplas zonas do cuadrante noroeste e mesmo aos 100 quilómetros por hora en áreas costeiras e de montaña. Este vento, explica a axencia, unido ao descenso de temperaturas producirá sensacións térmicas moi baixas.


FORTE TEMPORAL NO MAR

No medio desta situación, producirase, ademais, un temporal marítimo que se espera en Galicia e Cantábrico para estes días. A AEMET indica que é "moi probable" que a ondada nas costas galegas alcance os 6 a 8 metros de altura significativa e mesmo que se superen os 8 metros ao longo do xoves, mentres que nas costas do Cantábrico espérase ese día ondada de 5 a 6 metros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE