Que tal é o ambiente laboral no SERGAS?, pregunta Sanidade aos seus traballadores
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo ao dispor dos traballadores unha enquisa sobre o clima laboral no que se atopan para "identificar os aspectos para mellorar" neste ámbito.
Lastrado por varios conflitos laborais, o SERGAS dá un paso adiante e cuestiona aos seus asalariados sobre que facer para mellorar o ambiente de traballo
Almuíña, conselleiro de Sanidade
Desta maneira, o organismo pretende "incidir positivamente" no ambiente do empregado e, en consecuencia, na mellora da asistencia sanitaria dos centros galegos.
ANÓNIMA E CONFIDENCIAL
Segundo a Consellería de Sanidade o obxectivo principal desta medida é "coñecer a opinión de todos os traballadores que contribúan" a crear un "clima laboral satisfactorio" e que favoreza un "desenvolvemento profesional", pero tamén "humano".
A través da súa participación, os profesionais do Sergas opinarán, avaliarán e achegarán suxerencias sobre a organización na que traballan.
Esta enquisa ten un carácter anónimo, confidencial, é voluntaria e estará dispoñible ata o 31 de decembro.
Escribe o teu comentario