Os Franco recorren perante o xulgado para apartar ao Concello de Sada da demanda por Meirás

O Concello de Sada recibiu este venres unha notificación do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña informándolle dun recurso de reposición interposto pola familia Franco contra a incorporación deste consistorio e da Xunta á demanda pola devolución do Pazo de Meirás.

|

O Concello de Sada recibiu este venres unha notificación do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña informándolle dun recurso de reposición interposto pola familia Franco contra a incorporación deste consistorio e da Xunta á demanda pola devolución do Pazo de Meirás.


Pazo de Meirás

Fachada do pazo


Segundo informou o concello, os Franco, no seu escrito, alegan que o consistorio "non ten interese lexitimo para poder intervir na demanda interposta polo Estado español" xa que, segundo o escrito, o único ánimo do Concello de Sada "viría determinado por un interese meramente político".


Despois de ler o escrito, o Concello de Sada entende que os Franco "non leron o Plan Xeral de Sada" nin o escrito polo que se solicitaba a intervención de Sada no procedemento en calidade de parte coadxuvante, xa a que "a posibilidade de recuperar para o patrimonio do Estado o Pazo de Meirás ten unha clara repercusión nos intereses municipais".


Por iso, o concello acusa os Franco dun "basto intento de querer apartar" a Sada da demanda "que ten por obxectivo a recuperación para o patrimonio publico do Pazo de Meirás" e augura que "van atopar non só oposición do propio concello, que presentará nos próximos días escrito de oposición ao recurso dos Franco", senón tamén "do conxunto da cidadanía sadense e galega".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE