​Así é a polémica primeira equipamento do Dépor, con raias horizontais

Doutra banda, moitas das bandeiras que engalanan Riazor teñen as bandas en horizontal, polo que o deseño non rompe do todo coa hisotria e tradición do club herculino.


|

O uniforme titular do Deportivo da Coruña rompe coa tradición histórica do club cos bastóns verticais. Este curso o Dépor buscará regresar a Primeira División cunha camiseta única na súa historia, pasando ás raias horizontais.


Camiseta depor filtrada



Con todo, o deseño da camiseta non responde unicamente a motivos comerciais. Desde o club queren honrar aos atletas doutras disciplinas que, vestindo as cores do Deportivo da Coruña con franxas horizontais, fixeron historia na entidade branquiazul.


Doutra banda, moitas das bandeiras que engalanan Riazor teñen as bandas en horizontal, polo que o deseño non rompe do todo coa hisotria e tradición do club herculino. Ademais da novidade das franxas de lado a lado, o pescozo e a inscrición “A Coruña” no alto das costas son outros dos detalles que adornan a elástica deportivista.


O deseño non gustou a moitos afeccionados que mostraron o seu descontento en redes sociais. Esta non é a primeira vez que as marcas que visten aos equipos de fútbol deciden innovar desta forma tan provocadora. O Racing de Santander tamén vestiu unha camiseta especial con raias horizontais na súa primeira participación europea.


Recentemente, o Fútbol Club Barcelona cambiou o seu deseño orixinal para incorporar tamén as liñas horizontais no seu primeiro uniforme. Este ano, sen ir máis lonxe, os azulgranas apostaron por un deseño arlequinado, imitando á selección de Croacia. A tempada das bandas horizontais, o Barça conquistou catro títulos. Esperemos que o Dépor imitei aos da cidade condal e poida lembrar esta camiseta con agarimo e gloria. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE