A declaración de amor de Baltar que deixa a quen a le “co corazón partío”
O presidente da Deputación de Ourense sacou o seu lado máis romántico cunha declaración de amor á súa muller despois dun concerto de Alejandro Sanz.
O presidente da Deputación de Ourense sacou o seu lado máis romántico cunha declaración de amor á súa muller despois dun concerto de Alejandro Sanz.
Din que a música amansa ás feras. E talvez sexa certo. Esta historia de amor pode ser unha boa mostra diso, e ten por protagonistas ao político e presidente da Deputación de Ourense, o popular José Manuel Baltar, a súa muller, María Caldelas, e un dos artistas máis recoñecidos e internacionais do noso país, Alejandro Sanz.
Baltar acudiu coa súa parella ao último concerto en Galicia de Alejandro Sanz, que tamén supón o peche da xira do seu último disco en España. Na capital galega o presidente da Deputación deixou aflorar o seu lado máis romántico para mandarlle toda unha declaración de amor á súa amada.
“Hai doce anos comezamos “oficialmente” un camiño ao que queda moitísimo percorrido xuntos. Ata o infinito e máis aló. Grazas María Caldelas Fernandez por facerme tan feliz, por construír un fogar con 4 “Baltar Caldelas” (Jana, Cata, Alonso e Mario) que nos enchen e realizan. Empezamos este día cun grande. Pero a GRANDE es ti. Por baixar todos os días a lúa para que xoguemos”, posteó o político en redes sociais, antes de acabar cun “quéroche”.
Escribe o teu comentario