A alcaldesa da Coruña pide responsabilidade para permitir un goberno que poida darlle estabilidade a Alcoa

A alcaldesa da Coruña reclama sentido de Estado ás forzas da oposición para que permitan un novo Goberno que poida liquidar definitivamente a crise de Alcoa. "Quero facer unha chamada á responsabilidade das forzas políticas porque é moi fácil acudir unha manifestación para facerse a foto e logo non permitir que exista un Goberno que poida facer un Consello de Ministros e aprobar o Estatuto das Industrias Electrointensivas", afirmou Inés Rey esta mañá en declaracións a Galiciapress.


|

A alcaldesa da Coruña reclama sentido de Estado ás forzas da oposición para que permitan un novo Goberno que poida liquidar definitivamente a crise de Alcoa. "Quero facer unha chamada á responsabilidade das forzas políticas porque é moi fácil acudir unha manifestación para facerse a foto e logo non permitir que exista un Goberno que poida facer un Consello de Ministros e aprobar o Estatuto das Industrias Electrointensivas", afirmou Inés Rey esta mañá en declaracións a Galiciapress.


Inés Rey, alcaldesa da Coruña



A nova edil socialista tamén mostrou o seu malestar coa postura de Alcoa e Parter Capital. A pesar de ter un acordo entre elas, insisten en que o plan debe ser ratificado polos traballadores. A asemblea da Coruña rexeitouno parcialmente, con condicionantes, e a de Avilés rexeitouno onte pola noite. Hoxe pola tarde hai unha reunión en Madrid, pero os traballadores están entra a espada e a parede, pois o prazo fixado polos norteamericanos para lanzar o ERE expira este domingo.


Rey ponse ao lado dos operarios, destacando, ademais, que aos traballadores  non se lles permitiu coñecer todos os detalles da compra.  "A última información, da 1 da madrugada do xoves, que teño é que se lle pedía ao Comité de Empresa Comité de Empresa que ratificase o contrato de compra-venda, que ten cláusulas que son secretas e por tanto ratificar algo que descoñeces, cando non é preceptivo ...  desde o meu punto de vista, persoal e político, non parece o máis idóneo ; aí teño que darlle a razón aos traballadores", argumenta. 


DOMINGO DATA TOPE

Á edil parécelle "lóxico" que estas condicións os operarios non outorguen o seu aval completo á operación. Rey reclama ás empresas que "rebaixen un pouco, ou eliminen" a súa esixencia poque "non parece necesario para que se produza a venda" e así evitar que "cheguemos coa espada de Damocles ao domingo".


Á espera de saber se hai fumata branca en Madrid esta tarde,  a incerteza sobre un acordo que parecía encamiñado está xa  provocando reaccións políticas. A Xunta apresurouse a culpar ao Goberno de Pedro Sánchez da situación  de que Parter non poida "comprometer o emprego máis aló de dous anos".


Por outra banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este venres que os deputados electos polas circunscricións galegas poden "condicionar o proceso de investidura" de Pedro Sánchez "a que haxa unha solución para Alcoa" e para o marco enerxético industrial. Unha postura lastrada porque o Bloque non ten ningún representante nas Cortes. 


Pontón falou tras unha reunión cos operatios na Coruña. O portavoz sindical, Julio Moscovich, 

denuncia que "Alcoa está a facer unha chantaxe aos traballadores" ao forzarlles a ratificar algo que non coñecen completamente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE