A historia das galegas pioneiras no matrimonio gai chega aos cinemas e Netfilx

Isabel Coixet filma a peripecia de Elisa e Marcela que sortearon as dificultades da Galicia de principios de século XX para lograr casar legalmente


|

Isabel Coixet filma a peripecia de Elisa e Marcela que sortearon as dificultades da Galicia de principios de século XX para lograr casar legalmente


A película 'Elisa e Marcela' chegará ás salas galegas. Un total de seis cinemas da comunidade proxectarán o filme a partir deste venres para despois estrearse na plataforma dixital Netflix, o próximo 7 de xuño.


VÍDEO: Natalia de Molina e Greta Fernández protagonizan Elisa e Marcela: Natalia de Molina e Greta Fernández son as coprotagonistas


A cinta, dirixida por Isabel Coixet e producida pola compañía compostelá Zenit TV (co apoio de la Xunta), conta la historia do matrimonio de dúas mulleres na Coruña en 1901, considerada a primeira unión homosexual de España. Natalia de Molina e Greta Fernández dan vida ás dúas protagonistas, acompañadas de actores galegos como María Pujalte ou Tamar Novás.


CINEMAS PARA VELA
Tras a súa presentación na Berlinale, prevense pases en Madrid, Barcelona e Málaga, ademais da súa estrea nas salas Númax de Santiago, Multicines Norte de Vigo, Cantóns da Coruña, Xunqueira de Cee, Cinexpo de Pontevedra e Pontevella de Ourense.

O filme tamén chegará á televisión no ano 2020, concretamente á TVG, TV3, Canal Sur, Aragón TV e Televisión de Canarias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE