18.700 para 2.064 prazas nas oposicións da Consellería de Educación

Un total de 18.700 persoas optarán ás 2.064 prazas que se repartirán nas oposicións convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos distintos corpos docentes, segundo os datos de la Xunta ao peche do prazo para presentar as solicitudes.

|

Un total de 18.700 persoas optarán ás 2.064 prazas que se repartirán nas oposicións convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos distintos corpos docentes, segundo os datos de la Xunta ao peche do prazo para presentar as solicitudes.


Estudantes en exames de oposicións


Neste sentido, as máis de 2.000 prazas están repartidas en 36 especialidades. Delas, 1.122 son relativas ás taxas de reposición; 666, á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.


Do total de persoas que concorrerán á oposición, 466 inscritos fixérono para a adquisición dunha nova especialidade, é dicir, persoas que xa son funcionarios de carreira e desexan ser titulares dunha especialidade máis.


O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento da lingua galega realizarase o 7 de xuño ás 18,00 horas no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela), mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán será o mesmo día no mesmo lugar, pero ás 17,00 horas.


O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño do 2019. O acto de presentación, de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes, celebrarase ese día ás 09,00 horas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE