"Boa vontade" pero sen acordo na última reunión das ambulancias

A pesar da boa disposición das partes, patronal e sindicatos emprazáronse a un novo encontro o próximo 1 de abril.


|

A pesar da boa disposición das partes, patronal e sindicatos emprazáronse a un novo encontro o próximo 1 de abril.


A 061 denuncia que 148 ambulancias rexistraron picadas durante a terceira con


O último encontro entre a patronal das ambulancias e os sindicatos finalizou sen alcanzar un acordo que satisfaga ás partes, que seguen na procura por un convenio que rexa ao sector en Galicia ata o ano 2022.


Sen cambios nin avances significativos nas negociacións, as dúas partes emprazáronse ao próximo luns, día 1 de abril, para volver sentar a negociar e ultimar os detalles do convenio, tras o preacordo alcanzado que propiciou a desconvocatoria da folga, que o pasado día 20 de marzo tería que entrar nunha fase de folga indefinida.


ACORDO ECONÓMICO

A desconvocatoria da folga chegou en canto as partes alcanzaron un acordo no aspecto económico, con incrementos salariais progresivos ata 2022, o pago de 500 euros brutos en novembro de 2020, unha terceira paga extra a partir de marzo de 2021 e que os traballadores cobren o salario que perciben durante todo o ano tamén en vacacións.


APARTADOS PENDENTES

Os motivos polos que o acordo non chegou a bo porto nesta última reunión parecen ser os relacionados cos salarios para os contratos en prácticas e o porcentaxe de contratos indefinidos que deben asumir as empresas de ambulancias. Mentres, a patronal está interesada en realizar cambios no referido ás horas de presenza.


Aínda que as posturas están ben definidas nos dous casos, a "boa vontade" dos bloques aviva a esperanza de atopar unha solución ao convenio colectivo, unha demanda que o sector reclamaba desde hai anos. Desde a Federación Galega de Ambulancias (FEGAM) sinalan que o acordo está próximo, polo que abril pode traer consigo o anuncio dun acordo definitivo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE