huelga

Pechan o parque de bombeiros de Barreiros pola falta dun efectivo

O parque permanecerá pechado até mañá ás 09:00.

Traballadores de Vitrasa volven reclamar á empresa negociar un novo convenio

Os empregados do bus urbano de Vigo acusan ao alcalde Abel Caballero de apoiar á dirección da empresa.

USO únese á folga dos traballadores de Iberia entre o 5 e o 8 de xaneiro

O sindicato destaca que a perda de oito aeroportos por parte de Iberia no último concurso de 'handling' de Aena pon en risco a 1.000 traballadores deste servizo.

Os bombeiros comarcais continúan coa súa protesta indefinida no Obradoiro

O Comité de Folga catalogou de exitosa esta protesta de "sensibilización social"

A folga en Educación provoca unha guerra entre sindicatos, con acusacións de "bulos" e "traizóns"

Os convocantes da folga aseguran que as medidas do acordo entre CCOO, UXT e ANPE son son "totalmente insuficientes" e "insultantes"

O estaleiro vigués Metalships confía nunha "inmediata" volta ao traballo no estaleiro, co persoal en folga indefinida

A compañía indica que trasladaron unha proposta a través da mediación da Xunta

A CUT denuncia a "manipulación de datos" e contabiliza un 68,75% do persoal parado na CRTVG

O grupo sindical ha denunciado que moitos traballadores "que habitualmente non veñen os sábados" víronse obrigados a facer horas extra

É indiferenza, é silencio, é Lidl

A pesar diso, o que conseguiron é a maior unión que xamais se puideron imaxinar nas máis de 100 persoas que día a día esperemos na porta a que descolguen o teléfono.      Estantes de Lidl baleiros pola folga do almacén de Narón nunha imaxe do Facebook dos traballadores  Nun mundo no que as grandes empresas parecen ter carta branca para actuar como lles plazca, os traballadores enfrontámonos a unha loita constante polos nosos dereitos.

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela avoga por establecer diálogo entre a CRTVG e os seus traballadores

Segundo indica a APSC, estes xornalistas afectados adoitan ser críticos e integrantes dos chamados "venres negros"

Os sindicatos da Inspección de Traballo volverán á folga este mércores

Advertiron que "endurecerán" e "intensificarán" as súas protestas

A CXT mantén a súa chamada á folga en Renfe os días 7 e 11 de novembro tras o paso atrás de UXT, CC.OO. e Semaf

#CXT convocou unha folga en Renfe para os días 7 e 11 de novembro, despois de que os sindicatos maioritarios na empresa, CC.OO., #UXT e Semaf, desconvocasen a folga que anunciaron unhas semanas atrás ao considerar que a empresa se comprometeu a avanzar na firma dun novo convenio colectivo e a subir os soldos, entre outras iniciativas.

A folga do metal na provincia da Coruña renóvase mañá ao non haber acordo sobre os salarios

Hai outras cinco xornadas de paro xa convocadas para este mes de xuño. Como noutras ocasións, é probable que haxa piquetes nos parques industriais de urbes como Santiago, Ferrol ou A Coruña.


"Éxito total" e concorrida manifestación na primeira xornada das catro de folgas convocadas no metal da Coruña

Son máis de 16.000 os proletarios chamados ao paro. Os días 12, 18 e 19 están previstas máis xornadas de folga en defensa dun convenio que non lles faga perder poder adquisitivo e combata a temporalidade.


O servizo de limpeza hospitalaria de Pontevedra cancela a folga tras acordar un convenio coa empresa
Os traballadores de Acciona, concesionaria do servizo de limpeza hospitalaria en Pontevedra, desconvocou a folga indefinida que ía comezar este luns, 2 de maio, despois de chegar a un acordo de convenio coa empresa que inclúe as "principais reivindicacións do cadro de persoal".
O seguimento á folga no sector da conserva rolda o 100%, segundo os sindicatos convocantes​
Sindicatos calculan que case o 100% dos traballadores secundaron a folga e critican a posición "machista" da patronal



​Folga na conserva: “A patronal saca peito con récords de beneficios con traballadores cobrando 870 euros”

Galiciapress asiste aos piquetes de Jealsa Rianxeira, que parará este xoves a súa actividade, para charlar con Enrique Reino, de Comisións Obreiras e un dos membros da negociación con ANFACO-CECOPESCA para lograr melloras como reducir a temporalidade ou acabar coa brecha salarial, cuxa existencia negan desde a patronal.


Os traballadores a conserva galega saen ás rúas e celebran o "paro total" do sector
No marco desta folga, que terá continuidade os días 3 e 4 de febreiro, celebráronse este venres concentracións nas localidades de Vigo, Vilagarcía de Arousa e Boiro, nun sector que conta cuns 12.000 traballadores en Galicia (dos que unhas 9.500 son mulleres).
Folga indefinida de Vitrasa que piden "menos luces e máis autobuses" ao alcalde de Vigo Abel Caballero
Os paros de fin de semana converteranse en folga indefinida de luns a venres a partir do 13 de decembro se non hai solución
(VÍDEOS) ​A patronal de transporte convoca folga en Nadal e os camioneiros reprochan que incumpra os convenios

A convocatoria de folga da patronal de transporte para os días 19 e 22 de decembro creou un gran balbordo nun momento no que a crise dos combustibles pode provocar unha maior crise de abastecemento.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE