O Obradoiro e Marineda City van da man

O club de baloncesto Monbus Obradoiro e a superficie comercial han renovado o seu compromiso para este ano, tal e como explicou Ana López, xerente do centro comercial.


|

O club de baloncesto Monbus Obradoiro e a superficie comercial han renovado o seu compromiso para este ano, tal e como explicou Ana López, xerente do centro comercial.


Obradoiro baloncesto


Na rolda de prensa, coa presenza de Daniel Agra, director de Márketing do Obra e de Moncho Fernández, adestrador, anunciouse a renovación do acordo, no que se enmarca o Partido Marineda, que terá lugar este domingo ante Unicaja.


O acordo englobará máis accións, por exemplo o sorteo nas canles sociais do Obra de entradas para os partidos de liga que se xoguen en casa. “Estamos moi satisfeitos con esta colaboración, por iso cremos que é importante consolidala dentro da firme aposta que o noso centro está a facer por difundir e promover os valores do deporte e a vida saudable”, destacou Ana López.


Marineda City ten unha especial vinculación co deporte, que se materializou coa creación dun espazo dedicado á moda e o deporte no que conviven distintas marcas do sector, entre as que se atopa Tiro Libre, tenda oficial do Monbus Obradoiro, que se acaba de incorporar recientemenche”, reza o comunicado da superficie comercial, onde lembra que o espazo programa “eventos vinculados á práctica deportiva, como poden ser exposicións ou accións solidarias ligadas ao deporte”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE