Iago Aspas, entre algodóns de catro a cinco semanas
A lesión do dez celeste deixa a fronte de ataque do Celta moi mermado, que ve como o seu principal artilleiro estará fóra dos terreos de xogo ata febreiro.
A lesión do dez celeste deixa a fronte de ataque do Celta moi mermado, que ve como o seu principal artilleiro estará fóra dos terreos de xogo ata febreiro.
Iago Aspas estará preto dun mes de baixa
O Celta de Vigo empezará o próximo 2019 da peor maneira posible: sen Iago Aspas. O máis difícil aínda, sen o referente celeste por antonomasia, que estará entre catro e cinco semanas de baixa, segundo o parte médico emitido polo club no día de hoxe.
O Celta perderá a Aspas todo o mes de xaneiro. O dez celtiña abandonou o terreo de xogo a hora de partido no Camp Nou por unha lesión muscular, na derrota do seu equipo por 2-0 ante o Barça. As primeiras exploracións xa anticiparon unha rotura no xemelgo, algo que o apartaría catro semanas das canchas. Agora, a ecografía realizada polos servizos médicos do club confirman o diagnostico inicial e soben o período de baixa ata as cinco semanas.
Se se cumpren os prazos previstos, no peor dos casos, Iago Aspas non reaparecería co equipo ata o 2 de febreiro, día no que o Celta recibe en casa ao Sevilla. Nese escenario, o ‘Príncipe das bateas’ perderíase os partidos ante Athletic Club de Bilbao e Valencia en Balaidos e as saídas a Vallecas e Valladolid. Isto deixaría un oco en ataque difícil de cubrir para Cardoso, que doutra banda parte coa “vantaxe” de que o Celta non ten que xogar a Copa do Rey, algo que se terán que facer a maioría dos seus rivais, polo que o conxunto vigués contará con máis descanso que os seus adversarios.
ENFERMERÍA CONCORRIDA
Este ano as lesións foron unha constante en Balaidos. Se hoxe a noticia é a maltreita perna dereita do de Moaña, antes fórono o nocello de Maxi Gómez, que o tivo dous partidos fóra, ou a coxa de Juncà, polo que se perdeu o inicio do campionato.
Más preocupante é a praga de lesións que ha decimado a medular do Celta. Primeiro Okay Yokuslu perdeuse a pretemporada por lesión, logo veu Lobotka, quereapareció o día da lesión de Aspas despois de estar todo novembro e medio decembro lesionado do nocello, e por último Fran Beltrán, quen tivo que descansar ante a Real Sociedade por unha lesión muscular.
Mención á parte merece Jensen. O novísimo talento danés só xogou 77 minutos no que vai de liga, todos eles ante o Xetafe. O centrocampista non é capaz de saír dunha espiral de infortunios que o tiveron entre algodóns toda a tempada, primeiro cunha lesión inguinal e agora por unha rotura de fibras da que parece non recuperarse. Esperemos que os Reis Meigos sexan xenerosos e deixen un pouco de sorte na enfermería do Celta. Ou un kit de primeiros auxilios.
Escribe o teu comentario