O bando de Villares di que gañou as primarias de En Marea, o bando crítico denuncia fraude electoral

O Nadal non traerá paz a En Marea. Fontes oficiosas dos dous bandos confirmaron a Galiciapress o resultado e avecíñase tormenta.


|

O Nadal non traerá paz a En Marea. Fontes oficiosas dos dous bandos confirmaron a Galiciapress  o resultado e parece que avecíñase tormenta.



Plenarioenmareavotacin


Os oficialistas claman gañar co 60 por cento aproximadamente dos votos. Fontes do bando crítico indican que os datos que manexan son , efectivamente, de 1.596 sufraxios para Coidando a Casa de Luís Villares fronte a 1.098 para Entre Todas de David Bruzos.


Iso si deixan advirten dunha posible "fraude electoral" porque din que os votos foron contados sen a presenza de interventores. Así as cousas, o seu paso sería solicitar unha auditoría externa para determinar as posibles irregularidades.


Un movemento que, vista a áceda polémica destas semanas, sería mal recibido no bando oficialista. Está por ver como evoluciona a situación e confírmanse estas cifras -por agora oficiosas- pero todo parece indicar que En Marea segue camiñando cara a unha posible ruptura.


A participación superaría o 60%, cunha importante abstención despois semanas de acusacións cruzadas de fraude, que levaron a suspender as primarias a última hora.

1 Comentarios

1

Se lles caen tódolos veos. Por si alguén tiña dúbidas sobre as reais intencións unitarias de este grupo, coido que xa non deberan quedar.

escrito por Manoel Francisco 24/Dec/18    12:04 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE