Denuncian cinco meses de falta de pagamentos no colexio Junior’s
Ata 21 traballadores do colexio viven unha situación “desesperada” polos problemas que atravesa a institución. A CIG denuncia que algúns traballadores non estaban contratados nin cotizando pola Seguridade Social.

O sindicato tamén denuncia que parte do persoal contratado a principio de curso non han recibido a copia do seu contrato. Rubén Monteagudo, responsable comarcal da CIG-Ensino, afirma que “tanto o profesorado como o resto do persoal está desesperado”, destacando que esta situación vese reflectida “na escasa matriculación que ten o centro, con preto de 40 alumnos nestes momentos”.
“Desde o sindicato xa se iniciaron as medidas xurídicas oportunas, coas primeiras reclamacións e trasladándoas a Inspección de Traballo”, sinala a nota emitida pola CIG. Nela, tamén se subliña de que estas medidas tómanse despois do “fracaso” de todas “as vías de dialogo e de negociación co seu xerente e propietario Diego Rosales Galiñanes”.
Escribe o teu comentario