Novo campus en liña da Federación Galega de Caza

A Escola de Caza da Federación Galega de Caza (FGC) púxose en funcionamento --pódese consultar na súa páxina web-- co obxectivo de servir de "campus formativo alcanzable" e, achegar así, a "formación a cazadores, sociedades, deportistas e xuíces" a todos os puntos da xeografía galega.

|

Escola de Caza da Federación Galega de Caza (FGC) púxose en funcionamento --pódese consultar na súa páxina web-- co obxectivo de servir de "campus formativo alcanzable" e, achegar así, a "formación a cazadores, sociedades, deportistas e xuíces" a todos os puntos da xeografía galega.



Cazador 1


"Que nin a falta de tempo nin a distancia sexan un obstáculo para que as persoas interesadas en adquirir novos coñecementos poidan facelo sen horarios, sen desprazamentos, confortablemente desde calquera lugar con acceso a internet", sinala a federación de caza.


A plataforma online arrinca coa primeira edición do curso sobre a xestión interna e administrativa dunha entidade asociativa, dirixida principalmente aos xestores das sociedades de caza, pero tamén a aquelas outras persoas interesadas en formarse neste campo.


Paulatinamente, a Federación Galega de Caza introducirá novos cursos de formación de cazadores, xuíces e deportistas. O curso, previa inscrición, é gratuíto, previa inscrición enviando o boletín de matrícula ao correo electrónico antes do 30 de outubro de 2018 para esta primeira edición.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE