As persoas con discapacidade din non ás gasolineiras sen persoal

Non todos están de acordo con dar máis facilidades ás "gasolineiras automáticas" . A Asociación Nacional de Estacións de Servizos Automáticas (Aesae) leva meses metendo presión para que a Xunta facilite a súa instalación. Aseguran que así baixará o prezo do na autonomía, un dos máis caros do Estado. Recentemente, o Goberno prometeu facilitar a súa apertura, suscitando os aplausos desta patronal.

|

Gasolineira 2

Pola contra, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) móstrase "en contra da apertura de gasolineiras sen persoal por discriminar ás persoas con discapacidade". O maior dos colectivos galegos de persoas con discapacidade asegura que estes establecementos, onde o consumidor ten que subministrase e pagar por si mesmo, "vulnera" o dereito destes cidadáns para ser tratados con igualdade.

COGAMI lembra que o ano pasado a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) logrou 100.000 firmas contra estas estacións de servizo. Delas, 5.000 recolleunas a propia COGAMI. 

A Confederación entende que estas gasolineiras vulneran varios tratados internacionais asinados por España, incluídos a Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea. COGAMI lembra que en España circulan máis de millón e medio de vehículos conducidos por persoas con discapacidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE