Protesta porque a nova carreira profesional do SERGAS divide entre “médicos de primeira e médicos de segunda”


Xorde unha voz crítica co acordo que todos os sindicatos asinaron coa Xunta para a nova carreira sindical no SERGAS. É a da Asociación de Médicos Interinos de Galicia, que argumenta que o pacto deixa fóra ao persoal precario.


|

Xorde unha voz crítica co acordo que todos os sindicatos asinaron coa Xunta para a nova carreira sindical no SERGAS. É a da Asociación de Médicos Interinos de Galicia, que argumenta que o pacto deixa fóra ao persoal precario.


Cigsaudeprotestasergas

Una pasada protesta de la CIG sobre la carrera profesional


ASMIG xa comunicou aos sindicatos da Mesa Sectorial a súa “firme oposición ao acordo”. De acordo á súa versión, o documento subscrito hai uns días por CESM e o Sergas “foi retocado o suficiente como para que aos sindicatos que agora se suman ao acordo non se lles caia a cara de vergoña”.


CRÍTICAS A OUTROS COLECTIVOS


Este colectivo argumenta que o texto deixa fóra da carreira ao persoal interino e eventual que leva moitos trienios de servizos prestados á sanidade pública e que “agora ten que asistir a unha división entre médicos de primeira e de segunda, imposta unilateralmente polo Sergas e aceptada sen rechistar por uns sindicatos que demostran o seu escaso compromiso cos dereitos do persoal en situación máis vulnerable”.



ASMIG lamenta nun comunicado que o fin da precariedade no Sergas, que é enorme, xa non preocupa a “uns sindicalistas máis preocupados polas eleccións sindicais e de non quedar fose do escenario marcado por CESM que polo exercicio do seu labor mediador”


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE