Primeiro a acción, despois as presentacións

A Plataforma Casalonga Limpa preséntase oficialmente este xoves 12, tras un primeiro mes de actividade reivindicativa "incesante"


|

Andaina casaloga 1


O habitual, din, tería sido presentarse antes de empezar a actividade. "Pero no caso desta plataforma non puido ser así pola tremenda preocupación que alarmaba á veciñanza". A Plataforma Casalonga Limpa de Residuosconstituíuse hai pouco máis dun mes, pero as accións reivindicativas coparon as súas primeiras semanas de vida


Este xoves, 12 de xullo, ás 20.30h o restaurante San Martiño acollerá a primeira xunta coas persoas asociadas e demais veciñas que están en contra do proxecto de Toysal no concello de Teo, unha planta de xestión de residuos orgánicos que se situarían nunha antiga mina no monte de Casalonga. 


"O obxectivo desta asemblea é dar a coñecer o traballo da plataforma e mellorar a organización e as súas accións escoitando as achegas das persoas alí presentes", explican nun comunicado. Animan así a acudir a "toda a cidadanía que senta afectada pola instalación" ou que necesite máis información sobre as consecuencias do proxecto de Casalonga.


UN MES DE ACTIVIDADE "INCESANTE"

Desde Casalonga Limpa expoñen que as accións levadas a cabo ata agora, nun mes de "actividade incesante", primaban á presentación da organización. "Necesitaban demostrarlle a Toysal xa", explican, "que non querían os seus cheiros pestilentes nin os seus lodos e augas contaminadas pegadas ás súas casas e que ían facer todo o posible para evitalo


Así, desde que se fundou o pasado 4 de xuño, as integrantes comezaron a mostrar o seu rexeitamento en forma de pancartas nas casas, con "máis de 400 persoas asociadas". Conseguiron tamén implicar á cidadanía con "máis de 1200" camisetas vendidas e "miles" de firmas recollidas. 


Casalonga Limpa organizou unha andaina reivindicativa á que acudiron, segundo as cifras que achegan, máis de 2000 persoas. Ademais, participou no acto Micro aberto. Problema ambiental dá contorna, onde sentaron con outras plataformas para "ter unha visión de conxunto". 


Na banda política, a plataforma xa se entrevistou coa dirección xeral e técnicas e técnicos de medio ambiente e mantén unha comunicación co goberno municipal de Teo  e as distintas organizacións políticas do municipio, así como contactos coas corporacións dos concellos limítrofes. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE