Nova edición do festival que promociona a música e a leite galega
O Festival do Leite consolídase. A terceira edición será o sábado 15 de setembro en Pontevedra, tras recalar con éxito por Lugo e Santiago. O obxectivo, promocionar á música galega de man dos gandeiros do país, neste caso dos propietarios da marca Deleite.
Primera edición en Santiago del Festival do Leite
O Festival do Leite consolídase. A terceira edición será o sábado 15 de setembro en Pontevedra, tras recalar con éxito por Lugo e Santiago. O obxectivo, promocionar á música galega de man dos gandeiros do país, neste caso dos propietarios da marca Deleite.
Con entrada gratuíta e cartel aínda por desvelar, os organizadores prometen unha "selección dos mellores grupos musicais galegos do momento, con concertos que se desenvolverán ao longo de toda a xornada". Actividades para os máis pequenos e comida do país completan o interesante menú gastro-musical.
O CARTEL, A FINAL DE MES
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde, e os coordinadores de comunicación da marca, presentaron o evento este xoves nun acto na Illa das Esculturas. O cartel definitivo de grupos e de actividades que conforma o festival anunciarase a finais deste mes.
Escribe o teu comentario