Contra a substitución de traballadoras por máquinas en Inditex

A CIG-Servizos acaba de anunciar o inicio dunha campaña contra Zara España pola substitución das traballadoras por máquinas de autocobro


|

Maquinas Zara autocobro CIG

Máquinas de autocobro | Imaxe: CIG


A CIG-Servizos acaba de anunciar o inicio de unha campaña contra Zara España pola substitución das traballadoras por máquinas de autocobro. Desde o sindicato expoñen que o sistema xa comezou a funcionar nos comercios de Zara e Lefties de Marineda City (A Coruña), o que carrexa "graves consecuencias" para o emprego. 


Desde o comité de empresa, Esther Paz Lestón e Miriam Rego, advirten de que a medida irá en aumento. "Sabemos que este é o principio e que Inditex tentará implantar este sistema paulatinamente no resto das súas cadeas", declaran. 


A campaña empezará cunha repartición informativa nas tendas onde xa se implantou o sistema. Desde o sindicato piden á clientela que "cada vez que faga unha compra, antes de pagar nunha caixa de autocobro pense primeiro nos postos de traballo que se perden aumentando os millóns de beneficios de Inditex a conta da nosa precariedade e da perda de postos de traballo no futuro". 


Carminha Naveiro, membro do comité e da executiva de CIG-Servizos, explica que desde a sección sindical solicitaron á dirección de Zara España S.A. a retirada das caixas de autocobro en distintas ocasións. "Todas vemos como a avaricia das grandes empresas como Inditex, no canto de reverter os millóns de beneficios na creación de postos de traballo nas propias tendas destrúenos para seguir gañando miles de millóns", sentenza. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE