A Fundación La Caixa premia un proxecto de educación social da USC e Aliade-Ultreia

Os Premios de Innovación Social de La Caixa buscan recoñecer a vocación de transformación real e directa coa aplicación de métodos innovadores para mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade.


|

Premiolacaixa

Laura Cruz (esquerda), Carmen Morán (centro) e María Barbá (dereita) | Imaxe: USC


Participa para transformar. Un proceso de cambio en prisión a través da animación sociocultural é a iniciativa do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (Saiba-Interea) da USC que resultou galardoada cun dos 4 accésits dos Premios de Innovación Social de La Caixa 2017. O proxecto levouse a cabo no cárcere de Monterroso en colaboración coa Asociación Aliade-Ultreia de Lugo, baixo a coordinación de Carmen Morán, Laura Cruz -ambas as do grupo Saiba-Interea- e María Barba -de Aliade Ultreia-.


Participa para transformar púxose en marcha en 2011 despois da realización dun diagnóstico participativo sobre os problemas de convivencia na prisión. O plan conta con accións para mellorar o nivel de coordinación interna das iniciativas sociais e educativas de Monterroso, así como actuacións de coordinación externa co concello para a inclusión progresiva do penal en circuítos educativos, sociais e culturais.


Os Premios 'La Caixa' á Innovación social buscan recompensar o esforzo que realizan as entidades sociais, "achegando solucións innovadoras ás problemáticas abordadas e transformado a evolución dos valores sociais". O acto de entrega ao que acudiron María Barba, Carmen Morán e Laura Cruz celebrouse esta semana en Barcelona con todas as galardoadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE