Festa en Lugo para celebrar o ascenso do Breogán
Un dos históricos do balocesto galego recupera a máxima categoría estatal despois de moitos intentos sen éxito.
O Concello de Lugo recibiu este sábado ao Cafés Candelas Breogán, "moito máis que un equipo de baloncesto", ao que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Corporación municipal, en nome do pobo de Lugo, expresoulle a "tremenda satisfacción e orgullo" polo seu regreso á liga ACB.
Lara Méndez presidiu o acto, no que estiveron presentes os concelleiros de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández; e representantes de todos os partidos políticos da Corporación municipal, así como o deputado de Deportes, Pablo Rivera; o presidente do club, Suso Lázare, xogadores e equipo técnico.
A rexedora enxalzou o "espírito loitador" do Breogán e agradeceulles que sexan "modelo de inspiración" para os nenos do municipio.
Así mesmo, tamén tivo palabras para a afección, "por momentos emocionada e moi ilusionada", que se concentrou na Praza Maior "para recibir cos brazos abertos ao club e agradecerlles o ansiado ascenso".
Uno a un, interviñeron todos os xogadores para agradecer o apoio que lle brinda "partido tras partido" a 'marea celeste', os veciños de Lugo, que entoaron, "entregados" ao Breogán, o himno do club 'Seguimós en pé'.
Escribe o teu comentario