Preséntase unha nova coalición de centro para as próximas eleccións municipais

Centristas defínese a si mesmo como un novo Movemento Cívico de Acción e Participación Política de ámbito nacional 


|


Centristas 1


Xorde un novo participante no actual panorama político galego. Centristas defínese a si mesmo como un novo Movemento Cívico de Acción e Participación Política de ámbito nacional e integrado por distintos partidos políticos, asociacións e plataformas cidadás que propugnan os valores do centro político para a comunidade galega.


De acordo á formación, Centristas nace en Galicia a través da coalición de Vía Centrum, Cidadáns de Galicia e Coalición de Centro Democrático. Tamén conta co apoio de cidadáns independentes e membros ou ex membros doutros partidos. Desde Centristas, doutra banda, non descartan a “integración de novas formacións de recoñecido prestixio.”


Centristas 2


O partido político de centro proclámase como a formación daqueles que mantiveron “viva a chama que prendeu Adolfo Suárez, fai corenta anos”, a pesar das disgregacións e loitas internas que sufriu este movemento político ao longo da súa historia recente.


Co fin de aglutinar a centristas de “partidos, plataformas e asociacións nun proxecto común”, Centristas manifesta o seu desexo de defender “os valores da Transición Democrática.”


ROLDA DE PRENSA E ACTO PÚBLICO


A modo de presentación, Centristas convoca este sábado ás 11.30 horas unha rolda de prensa na Biblioteca e Arquivo de Galicia, en Santiago de Compostela. Nela intervirán o portavoz de Centristas en Galicia. José Luís Méndez Otero; o secretario de Centristas, José Antonio Bibián Somoza; e a responsable das RR. Institucionais de Centristas, Carmen Rodríguez Sabín.


Mañá pola tarde tamén terá lugar un acto público de presentación do proxecto, así como a escenificación de a firma de acordo de colaboración entre os partidos para as próximas eleccións.

relacionada ​Vitoria do #8M: os pais galegos poderían ter o mesmo permiso de paternidade que as nais
relacionada Entrevista ao secretario do Eixo Atlántico: “O presidente da UE debe ser elixido por votación universal directa”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE