A solidariedade nunca é inútil

Redacción

Recordo cando ía ao instituto e unha folga de estudantes era pouco máis que un día de vacacións. A miña nai non podía concibilo: viviu os seus anos universitarios en plena transición. As folgas estudantiis/estudantís eran un acto atrevido e importante. Cando revive eses días case podo sentir a ilusión de reiniciar o mundo só con tocalo, só con pasar a formar parte del.

A miña irmá maior tivo tamén a súa propia entrada ao mundo. En maio de 2011 pasouse semanas acampada na praza, xunto a unha chea de rapaces que quixeron reinicialo todo. Pero non lles fixeron nin caso. Chamáronos perroflautas e mandáronos de volta ao Mercadona. "Cando unha democracia é impermeable a algo como o 15M, se autodestruye" dixo a miña irmá.


Fai 12 anos que non temos unha folga xeral en España. Tivemos unha folga de mulleres fai 6 anos: o 8M de 2018 foi a miña entrada ao mundo.


Pero hoxe vou ás manifestacións e só vexo xente maior. Por que non imos os mozos? Creo que sentimos que non vale para nada. Así que mellor tuiteamos, ou desconectamos É tan irracional? Parece que a día de hoxe, un tuit ou un vídeo viroso impactan máis que unha manifestación masiva. E a ignorancia protéxeche máis que a acción colectiva. As empresas atenden máis ás reseñas de Google que ás denuncias dos seus traballadores, e C Boureo ten máis poder para foder ao Pans & Company que calquera sindicato.

Nas manifestacións vexo tamén algúns pais con nenos pequenos. Imaxínomos fai 15 anos na praza, cos seus cans e as súas frautas, e sei que están aí sentindo que non serve para nada. Pero queren que os seus fillos saiban que aínda así, hai que tentalo. 

 

Á xeración actual, neste momento crucial, pídolles que o tenten. Porque cando un sente impotente, é cando se volve impotente. Hai que tentalo porque cando sabes que algo é o correcto, con facelo é suficiente. Todo suma, todo conta, a solidariedade nunca é inútil. Hai que tentalo porque é así como se entreteje a historia das nosas familias coa historia do mundo. É así como entramos a formar parte del, é aí onde existimos: na protesta. A xente normal non facemos historia con nome propio. Facemos historia xuntos. 

Aos estudantes que están a montar hoxe as súas tendas de campaña e pintar a cara: benvidos. Benvidos ao mundo, xeración Z. Sodes a gran revelación da tempada, sodes exactamente quen vos creedes: unha xeración nova, preparada e lista para liderar un cambio. Grazas por tentalo. Viva a liberdade do pobo palestino! 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE