​Vero Boquete rescinde co PSG para ir á Superliga chinesa

|


Veroboquetepsg


Verónica Boquete volve facer as maletas e iniciar unha nova etapa, que a leva esta vez de París a Pequín. Tal e como recollen numerosos medios, a futbolista galega rescindiu o seu contrato co PSG e xa pasou recoñecemento médico co Beijing BG.


Esta tempada non estaba a contar con minutos no conxunto galo. A fichaxe aínda non é oficial, pero o club da Superliga chinesa ten prevista unha estancia en Barcelona, cando se espera que se faga público.


É o sétimo país no que recalará na súa traxectoria profesional. Tiña contrato ata final de tempada, pero a competición empeza no país asiático co ano novo. A Superliga, que vive un momento de auxe no fútbol masculino, tamén está a empezar a apostar pola liga feminina.


relacionada Verónica Boquete: "Non estar convocada para a Eurocopa sorprendeume"
relacionada O PSG de Vero Boquete cae na final e queda sen a súa primeira Champions

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress