Verónica Boquete: "Non estar convocada para a Eurocopa sorprendeume"

|

VeronicaboqueteseleccionVerónica Boquete non recibiu a chamada do seleccionador.

Verónica Boquete, a futbolista galega máis recoñecida, non entende que quedara fóra da selección que acaba de comezar a disputar a Eurocopa. Este mércores asinaron a súa primeira vitoria por 2-0 na súa estrea contra Portugal.


A xogadora galega recoñece nunha entrevista en El Correo Gallego que "non estar convocada sorprendeu" a ela e a moitos afeccionados que lle expresan o seu agarimo dicindo "Boquete selección".


Ademais, revela que o seleccionador non lle comentou persoalmente os motivos da súa decisión e que só o sabe pola prensa. Jorge Vilda manifestou que é por "razóns deportivas", pero á futbolista cústalle "crelo". Defende que "o que dependía de min, fíxeno".


Á ausencia nesta competición súmanse as derrotas nas últimas finais co PSG, que lle fan ter o ánimo "decaído".

relacionada O PSG de Vero Boquete cae na final e queda sen a súa primeira Champions

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress