A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, os municipios máis afectados polas nevadas

|

Coche volcado nieve


Os municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz concentraron este luns os principais esforzos dos medios desprazados pola Deputación de Lugo e a Xunta para tentar liquidar os efectos das intensas nevadas na provincia.


Máis de 60 operarios e 25 máquinas traballan desde a pasada noite, por parte do organismo provincial, para limpar a neve e o xeo presente na rede viaria provincial, sobre todo en zonas de montaña onde a acumulación de neve superou os 10 centímetros.


En declaracións a Europa Press, o vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez, explicou que a situación se está normalizando e que case todas as estradas da provincia están abertas, salvo na Fonsagrada e Negueira de Muñiz onde persisten os problemas de acceso.


A mellora climatolóxica axudoulles aos equipos para despexar as vías de neve e acelerar os traballos cara á tarde, engadiu Martínez, aínda que continúan as dificultades para solucionar as incidencias rexistradas nos dous municipios. En concreto, déronse moitos problemas de acceso pola presenza de coches abandonados e que impediu o paso ás máquinas quitaneves. A pesar diso, non se rexistraron incidencias importancia, salvo algún vehículo envorcado na calzada.


O rexedor da Fonsagrada, Argelio Fernández, sinalou que continúan traballando na zona para liquidar a situación, confiando en que se restablezan os accesos cara ao final da xornada.


A neve alcanzou un espesor de entre 20 ou 50 centímetros segundo a zona, e no municipio rexistráronse numerosas caídas de árbores, que os técnicos tiveron que cortar e apartar.


SITUACIÓN DAS VÍAS


A pesar das mellores condicións das estradas, a circulación permanece condicionada en diversas vías da provincia, segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).


Na A-8, á altura de Mondoñedo, a circulación está condicionada por fortes ventos entre os quilómetros 536 e 552, en ambos os sentidos da marcha.


A nevada condiciona o tránsito na LU-540, en ambos os sentidos, entre o km 20 e o 30 á altura de Leganitos, en Lugo; na N-640 á altura do Couto (km 69-80); na N-540 desde o km 0 en Lugo ata o km 68.9 na Barrela e a N-547 desde o km 19 en Guntin de Pallares ao km 42.6 en Palas de Rei.


Tamén se recomenda precaución na N-640 desde o km 122 no alto do Hospital ao km 144.4 en Antas de Ulla e na CG-2.1, á altura de Chantada, desde o km 31.2 ao km 43.



relacionada A neve volve ser, unha xornada máis, a protagonista nas estradas galegas
relacionada ​O temporal de neve dá un respiro para volver con máis forza a fin de semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress