​O temporal de neve dá un respiro para volver con máis forza a fin de semana

|

Estrada neve



O temporal de neve que afectou este venres ás provincias de Lugo e Ourense, obrigando a cortar ducias de estradas de alta montaña e a restrinxir a circulación en diversas vías, remitiu progresivamente en intensidade e permitiu levantar a situación de alerta amarela.


Así o trasladaron fontes de Meteogalicia a Europa Press, quen sinalou que a provincia de Lugo continúa sendo a máis afectada pola neve.


En total, segundo os datos facilitados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un total de 713 alumnos non acudiron a clase en 25 centros educativos. A pesar diso, só un, o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, tivo que suspender as clases, con 24 estudantes afectados. Só tres dos alumnos que non puideron ir a clase son da provincia de Ourense.


BAIXA A COTA DE NEVE


A fin de semana volverá a epeorar a climatoloxía. Un fronte fría cruzará a comunidade o sábado, provocando unha entrada de aire frío e chuvascos que serán en forma de neve a partir dos 600 metros de altura na madrugada do domingo.


O último día da semana comezará con outra baixada da cota de neve, ata os 500 metros, estendendo as nevadas a máis zonas de Galicia. Onde non chegue a caer, espéranse chuvascos en forma de saraiba. O luns manterase unha situación similar, coa cota de neve sobre os 600 metros.


TEMPORAL TAMÉN NO MAR


Doutra banda, a AEMET activou avisos por fenómenos costeiros en boa parte do litoral, de modo que o risco importante afectará á Coruña e Lugo, mentres que Pontevedra terá aviso amarelo.


O temporal empeorará na xornada do domingo, con aviso laranxa por mar de fondo na costa coruñesa e de Lugo con ondas de cinco e seis metros de altura. A incidencia espérase a partir as seis da madrugada e comezará a remitir doce horas máis tarde. A alerta será amarela no litoral de Pontevedra, con ondas de 4 a cinco metros.


relacionada ​Acumulacións de ata 30 centímetros de neve en estradas de Lugo
relacionada ​A alerta por neve chega a Lugo e Ourense e obriga a pechar unha estrada secundaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress