O quince aniversario do Resurrection Fest Estrela Galicia posponse a 2021, pero a organización anunciou un evento Online para o 3 e 4 de xullo, con fins benéficos e unha programación en aberto de concertos inéditos, actuacións en directo, entrevistas especiais, reportaxes sobre o festival e moito máis.
O Resurrection Fest Estrela Galicia sacou á venda este mesmo martes os abonos para a súa edición do próximo ano e tivo que colgar en só cinco horas o cartel de 'sold out' ante a avalancha de fans e a resposta do público para poder facerse coas entradas do evento.