Pediatría

Os pediatras galegos teñen unha cita na Cidade da Cultura

A XIII reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase o próximo 6 de abril na capital galega.

Os médicos esixen ao SERGAS que deixe de contratar galenos sen o título necesario

A polémica pola contratación de pediatras e médicos de familia sen a especialidade que obriga a Lei para a sanidade pública galega aumenta. Tras a queixa dun sindicato e a denuncia na Fiscalía dunha asociación, agora son os colexios de médicos os que alzan a voz. A Xunta reacciona cesando a unha ducia de médicos.

O SERGAS admite que contrata pediatras e médicos de familia sen o título necesario

Como é posible que no sistema sanitario público atendan galenos sen a especialidade obrigatoria segundo a Lei? Tras a denuncia dun Sindicato, a Xunta tivo que admitir que sucede isto, prometendo solucionalo pronto.

O SERGAS ofrece aos pedriatras contratos "mes a mes" en prazas que en realidade non existen

Dous pediatras, Marián Rodríguez Branco e María Aciñeira Galego, compareceron na tarde deste martes nunha nova xornada sobre sanidade organizada polos grupos de En Marea, PSdeG e BNG de forma paralela á comisión de investigación sobre o sistema sanitario posta en marcha na Cámara galega, e na que non participan os grupos da oposición.

Faltan 5.000 prazas no SERGAS, pero o PP insiste no de "facer máis con menos"


Para que o SERGAS recuperase o persoal de antes da crise, deberíanse convocar 6.607 prazas e non as 1.400 ofertadas, segundo datos da CIG na Comisión de Investigación do Parlamento. Fronte a estes números, o representante do Partido Popular teima no vello eslogan de "facer máis con menos", aplicado por Feijóo durante a recesión. 

Retirada a reforma que impedía garantir que un mesmo pediatra atendese sempre aos nenos

Tras as numerosas críticas dos profesionais sanitarios e da posición, o SERGAS dá marcha atrás. A reforma legal, metida de esguello na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, non seguirá adiante.

"Unha morte por unha enfermidade prevenible mediante vacinación debe ser considerada un fallo do sistema"

Investigadores de Santiago lideraron o "estudo prospectivo de cohortes máis ambicioso publicado ata o momento" en 98 hospitais de seis países europeos sobre enfermidades infecciosas graves

A veciñanza de Arcade maniféstase para acabar coa "discriminación sanitaria"

O 22 de setembro a Platraforma SOS Sanidade Pública de Arcade convoca unha concentración ás 12.00h na Alameda Tallo Rio

Pacientes pediátricos de Coruxo retornan ao centro de saúde de Navia despois de ser desviados a Lavadores

O Sergas dá así por concluído o "traslado temporal" destes pacientes ao centro de saúde de Lavadores

Piden á Fiscalía que investigue a "falta de pediatras" polo perigo que supón para os menores

A presidenta da asociación O Defensor do Paciente, Carmen Flores, remitiu un escrito ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, no que lle pide que investigue a "falta de pediatras" en localidades galegas polo "perigo" que pode supoñer para os menores.

A veciñanza de Coruxo reclama a praza de pediatría apoiada por todos os grupos políticos

Todos os grupos mostran o seu apoio e Caballero subliña que seguirán con mobilizacións ata reverter o "recorte" deste servizo



Nace a Obra Social Pediatría, impulsada por profesionais do servizo de Pediatría do CHUS

Clínicos e investigadores do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago presentaron este mércores a Obra Social de Pediatría, unha entidade que busca contribuír ao avance a través da investigación a saúde dos pacientes pediátricos. 

A veciñanza de Coruxo concéntrase para recuperar o seu servizo de pediatría

Segundo as asociacións o servizo de pediatría, que atende a "máis de mil nenas e nenos" das parroquias de Saiáns, Oia, Comesaña e Coruxo, é necesario para "dar resposta" a unha das áreas con poboación máis nova do concello

O CHUS participa nun proxecto europeo para desenvolver novos e mellores fármacos infantís

O proxecto Conect4children é espazo de reunión de "os hospitais pediátricos máis presitigiosos" de Europa con compañías farmacéuticas, asociacións de pacientes, hospitais infantís e outras organizacións de investigación.

Pediatras galegas poñen en común os seus coñecementos na XII Reunión Anual da AGAPap
O colectivo de pediatras de Atención Primaria galegos celebrará en Santiago este sábado, 21 de abril, a XII Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPap na que actualizarán coñecementos.
O sedentarismo e a comida chatarra disparan os casos de diabetes tipo 2 en nenos

Ata hai unha década a resistencia á insulina e o síndrome metabólico era exclusivo de adultos e anciáns.

Un de cada tres menores que acode a Urxencias vai automedicado da casa

Segundo unha tese doutoral, normalmente úsanse restos de tratamentos anteriores prescritos para os mesmos síntomas.

Ao PP non lle basta a poboación de Ourense para restablecer a cirurxía pediátrica do CHUO

Unha xubilación e un traslado deixaron o hospital cun só cirurxián pediátrico. A solución do Sergas, mandar os nenos a Vigo.

Este verán empezarán as obras do novo centro de saúde de Gondomar

Cando estea rematado contará con 12 consultas de medicina xeral e dúas máis de pediatría.

Sanidade quere cambiar o modelo de pediatría e que deixe de ser un dos puntos débiles

O conselleiro recoñece a preocupación social polo déficit na atención pediátrica, que achaca máis a unha mala organización que á falta de profesionais.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE