Pediatría

Manifestación en Xinzo para reclamar a cobertura de prazas vacantes en pediatría

Reclaman que se restaure o servizo de pediatría con dous médicos a tempo completo.

CIG Saúde, sindicato máis representado no SERGAS, non asina o preacordo de Atención Primaria

A voloración dos nacionalistas non é do todo negativa, pois a central pon en valor as propostas realizadas pola directora de Recursos Humanos. Con todo, o pactado con outras centrais resúltalles insuficiente, entre outros motivos porque o consideran unha simple declaración de intencións, insuficiente para liquidar os problemas que aburan a pediatras e médicos de familia.

O'Mega di que hai pediatras con xornadas de 31 horas e que o SERGAS revisará as cotas

O sindicato reuniuse coa Xunta e as versións que saen do encontro son diferentes. Os traballadores indican que Sanidade admitiu estudar cambios nos horarios e na cantidade de atender por cada galeno. Unha sobrecarga de traballo que ás veces provoca xornadas de día e medio continuado, segundo alerta a central noutro comunicado.

A precariedade laboral: responsable de que máis de 10.000 nenos non teñan pediatra en Galicia

O Goberno galego non comezou a aplicar ningún tipo de medida de incentivación co obxectivo de cubrir as prazas de difícil cobertura

Rueda na Festa do Cocido mentres Lalín está sen pediatras

Artigo de Agustín Bravo López en nome da Asociación Batas Brancas, sobre a noticia de que pais tiveron que trasladar aos seus fillos desde Lalín a Santiago ao carecer o Centro de Saúde de probas de escarlatina e de pediatras.

O SERGAS detecta casos de estreptococo A en nenos, bacteria que xa causou mortos e ingresados en Madrid

Desde Sanidade advirten que no que respecta a Galicia aínda non se deron casos de mortes en menores relacionados con esta bacteria que pode causar meninxite.

 

Bur(r)ocracia da saúde

Levamos 4 conselleirxs e 3 Xerentxs do SERGAS e o deterioro da AP na Galiza cada día a máis!  Outra ocurrencia: non se pode, dende AP, mandar directamente ao paciente ao especialista, debemos facer unha consulta telemática previa e en 3-4 días nos contestan que facer cx paciente: lista de agarda para a lista de agarda! E xa conseguiron o que pretenden co desmantelamento sistemático da AP: o concello de Caldas, acaba de aprobar “ante a falta de Médicxs na vila, pagar a asistencia das persoas do pobo...NUNHA CLÍNICA PRIVADA DA ZOA”.

Nenos reciben vacúas "dúas, tres ou catro meses tarde", denuncian nais e pais de 'Pediatras e matronas Xa'


A poucos días dunha nova protesta nas rúas de Santiago de Compostela para denunciar a crise da sanidade pública galega, Galiciapress charla con Vanessa Viquendi, portavoz da plataforma 'Pediatras e matronas Xa', nacida na Costa da Morte pero con socios en toda Galicia, que cunha peregrinación simbólica exemplifican os desprazamentos quilométricos de moitas familias para recibir atención pediátrica pola asuencia de matronas e especialistas nos centros de saúde.

Un milleiro de pediatras reunidos na Coruña esixen máis medios e máis persoal
O secretario xeral da Asociación Española de Pediatría Extrahospitalaria, Cristóbal Coronel, reclamou ás administracións medios humanos e económicos ante as carencias en Atención Primaria nesta especialidade, segundo apuntaron.
Riscos da Atención Primaria en Galicia

Nos CdeS a demanda nas consultas é excesiva (pola falta de persoal) o que leva a masificación das mesmas e a un escaso tempo de atención.

Os médicos son as vítimas do colapso de Primaria e non os culpables, rebaten os seus colexios
Defenden que a súa "única responsabilidade" é "atender e consultar a todo paciente que necesite atención na modalidade en que sexa precisa"
Faltan pediatras na Costa da Morte, vacantes que a Xunta "cobre con médicos con curso de puericultor"
A CIG-Saúde reclama pediatras para a zona da Costa da Morte, mentres que a xerencia sanitaria da área da Coruña e Cee asegurou que "traballa niso".
As Pontes pide á Xunta que cubra xa a praza de pediatra no Centro de Saúde
O Concello das Pontes (A Coruña) remitiu un escrito á Consellería de Sanidade para reclamar que se cubra de forma "urxente e inmediata" a praza de pediatra no centro de saúde do municipio, tras a baixa da profesional que prestaba servizo alí.
Betanzos, outro centro de saúde que sofre recortes en pediatría

A Consellería de Sanidade non respondeu por agora ás críticas.A fronte admite que pode ser un problema temporal, en principio ata marzo, pero á vez lembra que non hai garantías de que a cuestión se resolva pasados uns meses. A falta de pediatras nas listas de substitución  leva sendo anos un problema crónico no SERGAS. A Xunta deféndese alegando que non hai especialistas tampouco en España e en moitas partes de Europa.

O Sergas promete que reabrirá o paritorio que pechou en Verín pero aínda non atopou pediatras
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegura que traballa para cubrir as prazas de pediatras vacantes que permitan reabrir o paritorio do Hospital de Verín (Ourense) "dentro dunha situación de dificultade de falta de profesionais" desta especialidade.
"Sen pediatra ata despois de Reis" e esperas dunha semana para o médico de familia

Cinco asociacións de veciños do Concello da Pastoriza denuncian o "cinismo" da Xunta cando fala de apoio ao rural. Os habitantes de Úbeda, Lagoa, Álvare, Reigosa e Rigueira sinalan que esperan "ata unha semana" para ver ao médico de atención primaria. As súas fillas e fillos téñeno aínda peor. Debido á baixa do pediatra que acudía dous días á semana ao seu Centro de Saúde, non haberá médico alí para os menores "ata despois de Reyes".

O Sergas admite que non hai pediatras suficientes en Ferrol e alega que non ten a quen contratar
A Xerencia da Xestión Integrada de Ferrol asegurou que a súa prioridade "é sempre manter a asistencia e procurar que calquera ausencia sexa cuberta", nesta caso no ámbito de pediatría de varios concellos das comarcas de Ferrolterra, á vez que rexeita "recortes" neste ámbito.
Barreiros: Un concello de 9.000 persoas todo un mes sen pediatra
A alcaldesa de Barreiros (Lugo), a nacionalista Ana Hermida, apremou á Xunta e ao Sergas a que cubra a praza de pediatra no centro de saúde do municipio, un concello que chega a triplicar a súa poboación no mes de agosto.
330 novos contratos e 102 millóns para Atención Primaria do SERGAS, promete a Xunta
Sanidade pedirá ao Goberno incrementar as prazas MIR ata as 139 en medicina e enfermería familiar e ata as 27 en pediatría
Pais presentan máis de 2.500 firmas para salvar o pediatra dos seus fillos
Entregaron 2.543 rúbricas dirixidas ao consellerio de Sanidade

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE