Por agora non se aprecian gretas entre os socios de goberno ao fío da petición dun xuíz ao Supremo para investigar ao vicepresidente. A galega Nadia Calviño, cuxas políticas a miúdo cuestiona Podemos, evita calquera crítica ao seu compañeiro de gabinete, seguindo así a liña marcada por Pedro Sánchez. O presidente, a quen PP pide o cesamento de Iglesias, di non sentirse preocupado polo revés xudicial do seu socio e subordinado.
A coruñesa será proposta para liderar o organismo, unha responsabilidade que, en palabras de Sánchez, "nunca exerceu España e que tampouco desempeñou antes unha muller". O Goberno conta co resapldo de PP, Cidadáns e Vox para a candidatura da vicepresidenta.
Fontes da confluencia morada en Galicia confirman a Galiciapress que a ferrolá é a que ten máis opcións de entre as súas filas. Calviño, pola súa banda, ocuparía unha das tres vicepresidencias que a rumoroloxía atribúe ao hipotético novo goberno.
Hai tempo que se rumorea que Calviño estará entre os que saian do goberno de Sánchez rumbo a Bruxelas. O nomeamento á fronte do BERD, aínda que compatible co ministerio, aviva as especulacións do seu retorno a Bélxica.
O xiro ao centro escenificado o sábado por Casado en Galicia non é crible, sinala Gonzalo Caballero. O líder socialista alerta que os conservadores pactarán coa ultradereita se a necesitan para conquistar o poder, como sucedeu en Andalucía e como querían facer no Estado ata o seu desastre do #28A.
Á espera de ver se o PSOE logra o apoio de Podemos sen darlle voz no Executivo, xa soan algunhas 'ministrables' como María Jesús Montero, Dolores Delgado ou Irene Lozano.
Nas procelosas augas da política en Bruxelas, Ana Miranda é unha das voces galegas que mellor navega. Nesta entrevista con Galiciapress, a eurodeputada do Bloque aborda o seu futuro de cara as eleccións do próximo ano, que poden estar marcadas por unha reforma que llo poría moi difícil a todos os nacionalistas. A reforma dos fondos europeos, o Pazo de Meirás e o papel dos novos ministros de Pedro Sánchez son outros temas desta conversa.
Nadia Calviño será ministra de Economía no Goberno de Pedro Sánchez, confirmaron fontes da dirección socialista. Actualmente é directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea.